Pages

0 Apuntes

Devanceiros

Botamos a correr por unha estrada secundaria que remataba nunha gran explanada.
Alí atopamos a tódolos nosos devanceiros. Elas vestían de negro, como as noivas. Eles estaban sentados coa dignidade de quen non é quen de aflorar emoción ningunha. Mirámonos aos ollos. Non dixemos ren. Non soubemos dicir ren. Aquilo tiña demasiado aspecto de conto de outono.
Eles, sepia. Nos, Polaroid.

0 Apuntes

Descalzos

Onte á noite, sentei na herba e mirei ao ceo. Poucas estrelas. A xente berraba nas ruas. Eu, tomaba un refresco. Red Bull. Este é o mundo. Esta é a vida. Estos son os momentos. Hai cousas que podo cambiar, e hai cousas que non. O posible e o irremediable. Mirei meus pes descalzos. Vinme coma un neno, que ten ganas de xogar, e non atopa a ninguén no parque. Pensei que os únicos que me quedan son os descoñecidos.
Esos nunca me abandoan.

0 Apuntes

Xeonllos

Cun engorroso ton melódico e infantil.

Non teño nin pajolera idea de como tratar ás persoas. E por enriba, estas fan o que queren comigo. Son do máis manexable e que ben, ademáis veño coa vulnerabilidade de regalo. Son o pequeno sobrino da cidade, que cando chega ao pobo, todo o mundo se encarga de que manche os xeonllos.
E a vida pasa. E os paxariños cantan.

0 Apuntes

Lista

Non sei se non poden verme chorar, ou simplemente non queren. Por se acaso, pecho a porta e convírtome en silencio. Hoxe a soidade leva meu nome na sua lista de conquistas. Ou na lista da compra. Que máis da.

0 Apuntes

Ovo duro

Cada noite, sentada no sofá, ela ceaba un ovo duro porque lembráballe a él. A aquel rapaz con casca e cuncha que nunca chegou a coñecer demasiado pero que tantas veces imaxinou. Algunhas noites sentía a tristeza de quen añora as cousas que xamáis lle aconteceron. Esas noites envolvía aquel ovo duro nunha aperta de xamón de York.

0 Apuntes

Historias

Cortáronlle a lingua, para que non contase máis historias, e as mans, para que non as escribira. Pero deixáronlle a ialma, e poido vivilas.

0 Apuntes

Dama

Tralo encontro, o cabaleiro abandoa o vello castelo. Obsérvase, e o que ve, non é o mesmo que viu a última vez que deixaba estas murallas. Sobre el píntanse mil cicatrices, mil marcas, o corpo xa non é o mesmo, e o camiño é máis duro agora. O Sangrial sigue ahí, e pensa atopalo. É moito tempo xa dende que comezou a búsqueda, e sabe que non ha quedar moito, máis pregúntase se lle quedará moito a el tamén. Non é o mozo que partiu á carreira cando Ela llo pediu, cada día é máis e máis dificil manterse en pe, o pelo xa non ten a mesma cor ca aquela tarde de finais de outono, a pel, que aquel día refrescaba o salitre, xa non ten a mesma tersura.
Arriscou moito na búsqueda. Paga a pena, está claro, pero o prezo é alto… non é unha sombra do que foi, perdeu aquilo que tiña, e ademáis, descubriu que todo aquilo non era nin remotamente real.
Xime, mentres sube ao cabalo, o corpo pasa factura. Máis vale atopar o Sangrial, coa esperanza de atopar dentro a sua felicidade. Ou de que a Dama lle axude a atopala.

0 Apuntes

Boga!

Ao mar doelle algo hoxe. Amosa esa rabia de cor verde grisácea. A mesma que, según contan as lendas, levouse ao mellor mariñeiro do lugar, que saiu a salvar ao seu amigo nunha noite de tempestade, na que nin sequera o faro da illa conseguíu dar luz ao seu escuro sino, nin as redes serviron pra recoller as bágoas que se verteron no porto.
O mar non piedade. Levounos a dar a volta ao mundo por primeira vez. Fíxonos baleeiros. Deunos de comer. Levóuse aos nosos fillos. Nolo ensuciaron de negro. E así, forxamos séculos de historia collidos da man, dende que crímos nas maldicións de Ortzi, ata que hoxe empregamos as zodiacs e balandros, pasando polos que o cruzaron pra facer as Américas ou as traineras que compiten por un chisco de gloria.
É o espello de épica e traxedia no que nos miramos cada día, mentres moi ao lonxe, onde mar e ceo son un, aínda se escoita o berro.
Boga!

0 Apuntes

Subir

Quero
soñar,
sentir,
subir
ao teu ceo


Incomprensións dominicales.

De cando en vez, tamén leo

Os que me len: